CURSO DE DIRECCIÓN E PRIMEIRO ENCONTRO DO CORO DE FECOGA
Estimados coralistas,
Presentamos o curso de dirección 2024 que este ano achega varias novidades sustanciais:
• Trátase dun curso de dirección coral enfocado á técnica vocal impartido pola prestixiosa directora Maddalen Dorronsoro.
• Ao mesmo tempo o curso serve como primeiro encontro do Coro da Federación Coral Galega.
Maddalen Dorronsoro será a encargada de preparar e de dirixir o programa coral "Lux eta amor", unha proposta musical coa que se estreará o Coro de FECOGA e que ademáis servirá para traballar aspectos importantes da técnica vocal cos compoñentes que formemos parte do coro.
Dende a directiva animamos a participar neste curso e encontro que permitirá adquirir coñecementos vocais importantes para poder achegarlles aos nosos coros e, tamén, poder representar á federación no Coro de FECOGA. Para inscribirse tedes que cubrir o Formulario de inscrición. No seguinte enlace tendes toda a información ó respecto:
Recibide un cordial saúdo!