PARTICIPACIÓNS DA LOTARÍA DE NADAL E OUTRA INFORMACIÓN

Estimados coralistas,
 
Dende a directiva queremos comunicar que este ano decidimos encargar participacións da lotaría de nadal e xa as temos listas. O número xogado nas participacións da Federación Coral Galega é o 44226.
 
Cada participación ten un custo de 5 euros, dos cales se xogan 4 euros e 1 euro é donativo. Todo o recaudado servirá para apoiar económicamente a todas as corais federadas e todas as actividades que se realicen dende FECOGA.
 
As participacións veñen agrupadas en talonarios. Cada talonario ten cincuenta participacións. Por cada talonario de lotaría que venda unha coral, FECOGA regala á coral catro participacións de lotaría dese talonario.
 
Para reservar os talonarios podedes escribir un correo a fecogasocial@gmail.com ou enviar unha mensaxe de WhatsApp ao teléfono da federación 660 77 64 73.
 
Animádevos e encargade o voso talonario porque... E se toca?
 
Aproveito o correo para comunicar que en breve publicaremos as bases e funcionamento da Romaría Coral Galega que este ano se realizará a finais de novembro e nun auditorio. Lembrade que tanto concertos coma cursos asignados ás corais este ano e aprobados na asemblea de 2024 serán cumplidos pola nova directiva. Lembrade tamén que o número de teléfono 660 77 64 73 é o número de teléfono oficial de FECOGA.
 
Recibide un cordial saúdo!