Convocatoria da Asemblea Xeral Ordinaria de FECOGA 2025

Estimados/as Presidentes/as,

Por medio deste correo, convocámosvos formalmente á Asemblea Xeral Ordinaria de FECOGA 2025, que terá lugar o sábado 3 de maio no Auditorio 1 do CINC, Cidade da Cultura de Santiago de Compostela. A primeira convocatoria será ás 10:30 horas e a segunda ás 11:00 horas.

Adxuntamos tres documentos fundamentais para a correcta preparación da asemblea (VER AQUÍ):

- Convocatoria oficial da Asemblea.
- Modelo de delegación de voto, para os casos nos que non podades asistir presencialmente.
- Manual de Instrucións da Asemblea, coas indicacións detalladas sobre a xornada. Por favor, lédelo con atención.
 

Comida de confraternización: Para quen desexe asistir, será no restaurante Tapería Gaiás tras a asemblea. Se estades interesados, podedes reservar previamente realizando o ingreso correspondente.

 
A vosa asistencia presencial é fundamental! Este é un día único para coñecérmonos en persoa, compartir experiencias e fortalecer a nosa comunidade coral. Ao remate, realizaremos unha foto de familia para amosar a forza das corais galegas. Cantos máis sexamos, mellor!
 
Para calquera dúbida, podedes contactar connosco en fecogasocial@gmail.com ou no teléfono 660 77 64 73.

Contamos con vós!

Atentamente,

Pablo Rico Echegaray
Presidente de FECOGA