Información sobre a solicitude de actividades subvencionadas por FECOGA en 2025
Estimada coral federada,
Dende a Federación Coral Galega (FECOGA), dirixímonos a vós para informarvos sobre a publicación das bases que regularán a concesión de subvencións para actividades corais no ano 2025. Estas axudas teñen como obxectivo promover, fomentar e apoiar as actividades musicais corais organizadas polas entidades federadas.
As subvencións están destinadas a:
- O desenvolvemento de festivais corais.
- A organización de cursos de formación vocal.
- Os desprazamentos para actividades corais fóra da provincia de orixe, como participación en festivais ou concertos.
A vixencia e o alcance económico destas bases están condicionados polo convenio que FECOGA asinará coa Xunta de Galicia. Dado que este convenio aínda non foi formalizado, o importe definitivo destinado ás subvencións non está confirmado. Por este motivo, o número de corais beneficiarias poderá variar en función dos fondos recibidos.
O contido completo das bases, incluíndo os prazos, criterios de valoración e documentación necesaria, recóllese nos documentos adxuntos a este correo. Por favor, revisade estes documentos para coñecer todos os detalles.
Se precisades aclarar algunha cuestión ou tedes dúbidas sobre o proceso, non dubidedes en contactar connosco a través do correo electrónico (fecogasocial@gmail.com) ou do teléfono (660 77 64 73).
Agradecemos a vosa atención e colaboración, e animámosvos a participar neste programa que busca fortalecer o panorama coral galego.
Atentamente,
Pablo Rico Echegaray
Presidente de FECOGA