VIII CERTAME GALEGO DE CORAIS VILA DE ARBO

O Concello de Arbo organiza o VIII Certame de corais "Vila de Arbo", que terá lugar o día 6 de maio de 2023 en horario de tarde no Auditorio Segundo Gil Davila de Arbo.

Poderán participar as agrupacións corais que sexan da Comunidade Autónoma de Galicia e que non sexan profesionais nin pertenzan a ningunha escola profesional ou semiprofesional de música. As actuacións non deben ter ningún tipo de acompañamento musical (soamente a capela). Si se incumprise este requisito o grupo quedaría excluído do concurso.

As Bases están na páxina web do Concello.