COMUNICADO DA FEDERACIÓN CORAL GALEGA
Ante a situación actual polo que está pasando o noso país en relación co coronavirus, e ante as medidas adoptadas polas autoridades sanitarias tanto a nivel estatal como autonómico, queremos aconsellar os compoñentes das nosas corais galegas co fin de evitar situacións de risco.
Somos un factor de risco (a idade e os problemas derivados da mesma) nos fan ser un colectivo preferido á hora dun contaxio. Por este motivo, e sempre desde o noso punto de vista e co fin de despexar calquera dúbida:
ACONSELLAMOS:
- Seguir tódalas instrucións dos organismos oficiais (Ministerio e Consellería de Sanidade, concellos, etc).
- Suspender toda actividade relacionada co mundo coral (ensaios, concertos, Cursos, etc).
- Desde hoxe (13 de marzo ata o 13 do mes de abril), agardar a que a situación mellore e que se poda retomar a vida normal dos coros.