COMUNICADO DA FEDERACIÓN CORAL GALEGA

Ante a situación actual polo que está pasando o noso país en relación co coronavirus, e ante as medidas adoptadas polas autoridades sanitarias tanto a nivel estatal como autonómico,  queremos aconsellar os  compoñentes das nosas corais galegas co fin de evitar situacións de risco.

Somos un factor de risco (a idade e os problemas derivados da mesma) nos fan ser un colectivo preferido á hora deun contaxio. Por este motivo, e sempre desde o noso punto de vista e co fin de despexar calquera dúbida:

ACONSELLAMOS:

- Seguir tódalas instrucións dos organismos oficiais (Ministerio e Consellería de Sanidade, concellos, etc).

- Suspender toda actividade relacionada co mundo coral (ensaios, concertos, Cursos, etc).

- Desde hoxe (13 de marzo ata o 13 do mes de abril),  agardar a que a situación mellore e que se podan retomar a vida normal dos coros.